Saltar ao contido principal

Festas na Honra a Santa Mariña de Lañas 2022 (Arteixo)

 Logo de varios anos de cancelacións por mor da pandemia da COVID-19, neste ano 2022 por fin poderemos celebrar as nosas tradicionais festas., que durarán un total de tres días. Ademais de con actos relixiosos, tamén contaremos con diferentes actividades musicais, con algunhas das mellores agrupacións musicais da verbena galega.

Programa completo:
Venres 15 Xullo:
- Ás 12:30h. Misa Solemne en Lañas de Abaixo 
Sesión Vermouth co DÚO D'VICIO
- Gran Verbena co DÚO D'VICIO e a Orquestra LOS SATÉLITES

Sábado 16 Xullo:
Ás 12:30h. Misa Solemne en Lañas de Arriba
- Sesión Vermouth co DÚO CALÚ
- Gran Verbena co DÚO CALÚ e o Grupo TANIA VEIRAS

Domingo 17 Xullo:
Ás 13:30h. Misa Solemne en Lañas de Arriba
- Sesión Vermouth co DÚO MATICES

Organiza: AVRCD Fontesvellas
Colabora: Concellería de Cultura. Concello de Arteixo

Agradecemento a veciños e colaboradores. Boas festas!

CARTEL:




Comentarios

Publicacións populares deste blog

A II Esfolla Popular xa tén data de celebración: o 5 de Novembro

     Logo do éxito acadado na súa primeira edición, a II Esfolla Popular volverá celebrarse neste 2022, tras varios anos de parón. Será o vindeiro 5 de Novembro, en horario de mañá e tarde, ampliando deste xeito o número de actividades lúdicas e culturais, así como de divulgación das tradicións populares que rodean todo o relacionado coa esfolla do millo.     Pola mañá, na leira que se atopa a carón da parada de autobuses, xunto á estrada AC-552, realizarase a primeira das actividades relacionadas con esta tradición: o cortado do millo . Se ben na edición anterior se realizara este paso con anterioridade á celebración da esfolla, nesta ocasión decidiuse incorporala á programación para representar, dun xeito máis completo, todo o proceso relativo á recolleita e posterior esfollada do millo.     Xa contra o mediodía, na Carpa instalada no Campo da Festa (coa colaboración do Concello de Arteixo), a organización repartirá " sardiñas saladas ", cocidas con cachelos , e churrasco

EXCURSIÓN ÁS FERVENZAS DO TOXA, SANTIAGO E LALÍN

EXCURSIÓN ÁS FERVENZAS DO TOXA, SANTIAGO E LALÍN 👉 Para SOCIOS da AVRCD Fontesvellas  👉 Prazas limitadas Organiza: AVRCD FONTESVELLAS  Colabora: Concello de Arteixo. Concellería de Cultura

RESERVA AS MÁSCARAS DE LAÑAS MOLA

Reserva a túa a través do número de teléfono 618 88 49 08, enviando un correo a lanasmolablog@gmail.com ou unha mensaxe de Messenger a Lañas Mola. Recorda indicar o número de unidades e a túa talla. Cantas máis se vendan, máis baratas serán (Inicialmente 8€, chegando incluso ata 5€ se se supera un determinado número de unidades vendidas)