Logo do éxito acadado na súa primeira edición, a II Esfolla Popular volverá celebrarse neste 2022, tras varios anos de parón. Será o vindeiro 5 de Novembro, en horario de mañá e tarde, ampliando deste xeito o número de actividades lúdicas e culturais, así como de divulgación das tradicións populares que rodean todo o relacionado coa esfolla do millo.
Xa contra o mediodía, na Carpa instalada no Campo da Festa (coa colaboración do Concello de Arteixo), a organización repartirá "sardiñas saladas", cocidas con cachelos, e churrasco para os participantes.
E como non, contaremos con moita música, da man da Agrupación Triskell.
Organiza: AVRCD Fontesvellas
Colabora: Concello de Arteixo. Concellería de Cultura
Comentarios
Publicar un comentario