Reserva a túa a través do número de teléfono 618 88 49 08, enviando un correo a lanasmolablog@gmail.com ou unha mensaxe de Messenger a Lañas Mola. Recorda indicar o número de unidades e a túa talla. Cantas máis se vendan, máis baratas serán (Inicialmente 8€, chegando incluso ata 5€ se se supera un determinado número de unidades vendidas)
Logo do éxito acadado na súa primeira edición, a II Esfolla Popular volverá celebrarse neste 2022, tras varios anos de parón. Será o vindeiro 5 de Novembro, en horario de mañá e tarde, ampliando deste xeito o número de actividades lúdicas e culturais, así como de divulgación das tradicións populares que rodean todo o relacionado coa esfolla do millo. Pola mañá, na leira que se atopa a carón da parada de autobuses, xunto á estrada AC-552, realizarase a primeira das actividades relacionadas con esta tradición: o cortado do millo . Se ben na edición anterior se realizara este paso con anterioridade á celebración da esfolla, nesta ocasión decidiuse incorporala á programación para representar, dun xeito máis completo, todo o proceso relativo á recolleita e posterior esfollada do millo. Xa contra o mediodía, na Carpa instalada no Campo da Festa (coa colaboración do Concello de Arteixo), a organización repartirá " sardiñas saladas ", cocidas con cachelos , e churrasco
Comentarios
Publicar un comentario