A Agrupación Socialista de Arteixo pide a instalación de bancos e sombra na recentemente construída praza de Lañas
A pasada semana, representantes da Agrupación Socialista de Arteixo visitaron a parroquia de Lañas acompañados por membros da AVRCD Fontesvellas. Durante o percorrido, foron recollendo as diferentes queixas dos veciños de Lañas, destacando algunhas como a falta de limpeza ou o deficiente servizo de recollida do lixo.
Tamén houbo queixas sobre a actual situación da nova praza do cruce de Lañas. “Unha das actuacións que imos solicitar xa é a instalación de bancos e sombra na praza de Lañas. É unha inversión mínima que melloraría a calidade de vida dos veciños e veciñas do entorno, cun espazo de reunión ao aire libre, fundamental nos tempos que corren”, apuntou Simón López, voceiro do grupo socialista, que estivo acompañado polas concelleiras Charo Figueiras e Susana Lebón e a secretaria de organización, Tamara Figueroa. López engadiu: "Non ten sentido facer unha praza e deixala baleira, hai que rematala para o desfrute da veciñanza”.

Por outra banda, na visita quedou patente a necesidade de limpar e, en moitos casos, rehabilitar integralmente diversos camiños da parroquia. “A falta de coidado das pistas e camiños de toda a vida é unha constante en todo o concello. É necesario un programa anual para a limpeza e conservación destes sendeiros en todo o municipio”, afirma o voceiro socialista.
A Agrupación anunciou que, logo ter de falado cos veciños, reclamará ao Goberno local que leve a cabo unha serie de actuacións de mellora do entorno do centro social, e esixirá que soliciten á Xunta melloras na seguridade viaria na AC-552.
NOTICIAS DE LAÑAS
lanasmolablog@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario