A ARCD Fontesvellas de Lañas organiza un ano máis a tradicional Festa do Roscón

Como é habitual, a ARCD Fontesvellas de Lañas (Arteixo) organiza un ano máis a xa tradicional Festa do Roscón. Esta é xa a edición XV da festa que dende hai vintecinco anos se leva celebrando na nosa parroquia. Desta vez, a ARCD Fontesvellas convídanos a todos a un xantar onde se poderá degustar pulpo e xamón asado, acompañados de viño, postre e chupitos. O prezo é de 25 euros para os que non sean socios e 15 euros para os socios. Non nos esquezamos de que ademais se poderá degustar o roscón de Lañas durante toda a mañá, roscón das panaderías
Victor (Cambre),
Mari (Arteixo) e
Agustín Fernández (Lañas). Pola tarde haberá hinchables para os máis pequenos.
Para reservar prazas:
690 844 394 -
606 430 612 -
667 526 255
 |
| Letreiro 2018 |
Comentarios
Publicar un comentario