Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2020

A Agrupación Socialista de Arteixo pide a instalación de bancos e sombra na recentemente construída praza de Lañas

A pasada semana, representantes da Agrupación Socialista de Arteixo visitaron a parroquia de Lañas acompañados por membros da AVRCD Fontesvellas. Durante o percorrido, foron recollendo as diferentes queixas dos veciños de Lañas, destacando algunhas como a falta de limpeza ou o deficiente servizo de recollida do lixo. Tamén houbo queixas sobre a actual situación da nova praza do cruce de Lañas. “Unha das actuacións que imos solicitar xa é a instalación de bancos e sombra na praza de Lañas. É unha inversión mínima que melloraría a calidade de vida dos veciños e veciñas do entorno, cun espazo de reunión ao aire libre, fundamental nos tempos que corren”, apuntou Simón López, voceiro do grupo socialista, que estivo acompañado pola s concelleiras Charo Figueiras e Susana Lebón e a secretaria de organización, Tamara Figueroa. López engadiu: "N on ten sentido facer unha praza e deixala baleira, hai que rematala para o desfrute da veciñanza”. Por outra banda, na visita quedou