Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2018

XV FESTA DO ROSCÓN (LAÑAS, 15 DE ABRIL DO 2018)

A ARCD Fontesvellas de Lañas organiza un ano máis a tradicional Festa do Roscón Como é habitual, a ARCD Fontesvellas de Lañas (Arteixo) organiza un ano máis a xa tradicional Festa do Roscón. Esta é xa a edición XV da festa que dende hai vintecinco anos se leva celebrando na nosa parroquia. Desta vez, a ARCD Fontesvellas convídanos a todos a un xantar onde se poderá degustar pulpo e xamón asado, acompañados de viño, postre e chupitos. O prezo é de 25 euros para os que non sean socios e 15 euros para os socios. Non nos esquezamos de que ademais se poderá degustar o roscón de Lañas durante toda a mañá, roscón das panaderías Victor (Cambre), Mari (Arteixo) e Agustín Fernández (Lañas). Pola tarde haberá hinchables para os máis pequenos.  Para reservar prazas: 690 844 394 - 606 430 612 - 667 526 255 Letreiro 2018